
ACTIVIDADES
ACTIVIDADES CURSO 2016/2017

I SEMANA DA DIVERSIDADE LGBTI DO IES POLITÉCNICO DE VIGO
Na última semana de maio de 2017 e despois do día 17 de maio, día Internacional contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia, celebrouse I SEMANA DA DIVERSIDADE LGBTIQ+ do IES Politécnico de Vigo. Con múltiples actividades como exposicións ou charlas.

PRIMEIRA CHARLA DO GRUPO APÓIATE
Primeira charla de presentación do grupo de apoio ao alumnado LGBTIQA+ dirixida ao resto de alumnado do centro, foron charlas moi emotivas do mesmo xeito que esgotadoras para o grupo, xa que nun día fixéronse dúas charlas seguidas para o centro. Na primeira charla tan só falaron cinco persoas e na segunda quenda de charla, ao ser tan emotiva, dez persoas do público levantáronse para pedir falar na segunda charla, triplicándose así o número de participantes. Foi realmente marabillosa!

EXPOSICIÓN DE ILUSTRACIÓNS DO ALUMNADO
Ilustración Antía Fdez.
No IES Politécnico de Vigo ofértase o Bacharelato de Artes e o alumnado deste bacharelato quixo realizar unhas ilustracións para colgar polos corredores do centro na I Semana da Diversidade LGBTI.

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "SOMOS"
Ana Fresco
Exposición fotográfica titulada "SOMOS" realizada pola profesora Ana Fresco, mostrando a diversidade afectivo-sexual e de xénero no alumnado.
.png)
QUERES SABER POR QUÉ?
Participación no blog de visibilización da diversidade afectivo-sexual e de xénero nos centros educaticos chamado " QUERES SABER POR QUE?" publicado pola asociación Nos Mesmas.
ACTIVIDADES CURSO 2017/2018

CHARLAS GRUPO APÓIATE
Charlas ao principio de curso para presentar o grupo de apoio ao alumnado do instituto.

CELEBRACIÓN DE DÍAS CONMEMORATIVOS
Celebración de días conmemorativos como o día 11 de octubre de 2017 , Día Internacional da Saída do Armario. Onde puxemos un armario de tea polo que calquera persoa podía saír. Tamén fixemos unha festa con música na entrada do instituto.

14 FEBREIRO
Polo día 14 de febreiro de 2018 pegamos carteis por todo o centro desmitificando o amor romántico e dándolle máis ímpeto ao amor propio.

DÍA DA VISIBILIDADE LÉSBICA
O día 26 de abril de 2018 celebramos o Día da Visibilidade Lésbica. Fixemos unha festa con proxección dun vídeo con 50 mulleres lesbianas famosas.

LESBIGRAM
O día 26 de abril de 2018 celebramos o Día da Visibilidade Lésbica e tivemos o noso propio photocall "LESBIGRAM".
.png)
XORNADAS FORMACIÓN DE PROFESORADO
Participación en Xornadas de Formación de Profesorado, en eventos organizados por concellos e asociacións activistas para presentar o grupo de apoio ao alumnado e a titoría LGTBIQA+.

CHARLAS A OUTROS INSTITUTOS E AO ANPA
No curso 2017/20018 comezamos a dar charlas a outros centros educativos, e tamen dimos unha charla para a ANPA do IES Politécnico de Vigo.

II SEMANA DA DIVERSIDADE LGBTIQA+
A última semana de maio de 2018 celebramos a II Semana da Diversidade LGBTIQA+ do IES Politécnico de Vigo.

DECORACIÓN EXTERIOR DO INSTITUTO
Na II Semana da Diversidade decoramos con goma eva e de maneira provisional as escaleiras da entrada do instituto.
.png)
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "Amor DiverXo"
O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes realizou unha exposición fotográfica chamada "Amor DiverXo" que estivo exposta na II Semana da Diversidade no recibidor do instituto.

I MECOPOL
O alumnado de Bacharelato de Artes como proxecto teñen que realizar unha curtametraxe de temática LGTBIQA+ onde ten que aparecer un ou varios persoaxes LGTBIQA+ coma referentes positivos. Posteriormente na II Semana da Diversidade realizouse a I MECOPOL " I Mostra Educativa de Curtas con Orgullo do IES Politécnico de Vigo".
Tratouse do primeiro festival escolar de cine LGTBIQA, xurdido desde o tratamento transversal do principio de aceptación e inclusión da diversidade afectivo-sexual e de xénero na materia Cultura Audiovisual II.
Esta mostra audiovisual pretende combater a discriminación por razón de orientación sexual ou identidade de xénero, favorecendo a visibilidade e a plena inclusión da realidade LGTBIQA nos traballos realizados polo alumnado.
A idea trata de compensar e reverter a profunda invisibilidade cultural histórica pola carencia de personaxes e ficcións protagonizadas por persoas non heterosexuais, a inserción moitas veces capciosa de personaxes LGTB desde un punto de vista negativo ou tráxico e, por todo iso, a falta de referentes positivos e reais.
Deste xeito, creando nova cultura poderase transformar a sociedade para que a sociedade sexa unha fonte diversa e múltiple de inspiración da cultura.
ACTIVIDADES CURSO 2018/2019

XORNADAS DA VISIBILIDADE
Este curso o grupo de apoio quixo facer as Xornadas da Visibilidades que foron dende o 9 de outubro ata o 11 de outubro de 2018. Nesta xornada o grupo APÓIATE realizou charlas para todas as aulas de 1º do centro e o día 11 de outubro voltamos a facer a festa do Día Internacional da saída do Armario.
.png)
CHARLAS DO GRUPO APÓIATE
Nas Xornadas da Diversidade o grupo APÓIATE fixo charlas para todo o alumnado de 1º da ESO, 1º de Bacharelato, 1º de FP Básica e 1º de Ciclos Medios FP. Coma todas as charlas estas foron testemuñais do alumnado do grupo, os cales conseguen sempre transmitir os seus sentimentos, esta cualidade fai que todalas charlas sexan especiais; nunha das charlas que se deron paso xusto os mesmo que na primeira charla do grupo. Na primeira charla empezaron 12 persoas falando, e na seguinte xa eran 36, duplicando
así o número.
.png)
DÍA DA SALIDA DO ARMARIO 2018
No curso 2018/2019 voltamos a festexar esta data, xa que para muitas persoas é un acto moi importante, o cal as veces tendemos a terlle medo; así festexando unha data como esta quitámoslle ese medo á saída do armario.

ENTROIDO 2019
No entroido de 2019 o grupo APÓIATE e a titora LGBTIQA+ disfrazámonos de SUPERLGBT. Cada un tiña a sua propia camiseta como traxe e a nosa capa foi a bandeira LGBT.