top of page

TITORÍA LGBTIQA+

FOTO ANA CV.jpg
Ana Ojea Alonso

Son profesora de Debuxo e imparto a materia Cultura Audiovisual II en segundo de Bacharelato de Artes.

 

Como ademáis de ser profesora, son lesbiana visible, considero de vital importancia loitar dende o meu posto de traballo por dar resposta a unha necesidade social que cada día aparece nas aulas, do mesmo xeito que na vida, que é a inclusión da diversidade afectivo-sexual e de xénero. Para iso é fundamental a visibilidade e a superación de estereotipos, para finalmente erradicar a LGBTfobia e cumplir ademáis, de este xeito, a lexislación vixente.

Considerando que a educación é un feito cun fin determinado, que é a formación da persoa, e que a aprendizaxe escolar desenvólvese en todos os ámbitos, tanto intelectual como actitudinal, é dicir, de valores, comportamentos ou normas sociais establecidas de convivencia, a función titorial é fundamental. 

Por iso, no IES Politécnico de Vigo consideramos necesario crear a figura da Titoría LGBTIQA+, para poder facer unha labor de guía, asesoramento, axuda, resolución de problemas, acompañamento e asistencia no propio desenvolvemento persoal, afectivo, social, etc. do alumnado, empregando a "pedagoxía do acompañamento", nun aspecto tradicionalmente invisibilizado no sistema educativo como é a orientación afectivo-sexual e a identidade de xénero.

Este traballo non sería posible sen a implicación e o compromiso de toda a comunidade educativa, dende o departamento de orientación, o consello escolar, o claustro e, por suposto, o equipo directivo.

no hace falta ser la causa.png
bottom of page