top of page

GRUPO DE APOIO AO ALUMNADO LGBTIQA+ APÓIATE

APOIATE.png
Charla alumnado curso 2016_2017.JPG

Somos un grupo de alumnado, tanto do colectivo LGBT como aliado, que estamos implicados no desenvolvemento de competencias cognitivas e emocionais en grupo, de forma cooperativa, sobre un modelo positivo de sensibilización,  empatía e empoderamiento do alumnado, en xeral e do alumnado LGBTIQA+, en particular como estratexia preventiva e disuasoria de condutas de acoso e violencia.

Traballamos nun modelo de Titoría entre Iguais ofrecendo apoio, acompañamento, resolución de conflitos e seguridade ao alumnado de noso centro, poñendo especial atención no alumnado LGBTIQA+ pola forma específica de violencias e acoso que pode sofrir, para así fomentar a inclusión e crear un clima de convivencia positiva e liberdade no noso centro.

Para logralo, ademais de reunións programadas, exercemos sobre todo titorías informais, aquelas que se realizan nas horas do recreo, ao saír de clase, nos corredores... que son as que conseguen que todo o centro sexa un lugar seguro.

BUZÓN.jpg
Caixa de Correos LGBTIQA+

O grupo APÓIATE quixo contar cunha caixa de correos decorada coas cores da bandeira LGBT para que así a xente que o desexase puidésese poñer en contacto co grupo de forma anónima ou non, tanto para realizar calquera pregunta sobre algunha dúbida, para avisos de acoso LGBTfóbico ou calquera outra cuestión.

Xusto encima da caixa de correos colgamos este cartel onde convidamos a todos os alumnos a poñerse en contacto connosco en calquera momento.

CARTEL_BUZÓN_GRUPO_APOIO.jpg
TABLÓN_ANUNCIOS.jpg
Taboleiro de Anuncios

Temos un taboleiro de anuncios como espazo reservado para as noticias e avisos das nosas actividades; así como para colgar aí as respostas de todas as preguntas e avisos de acoso, sempre mantendo en anonimato e a seguridade do alumnado que se pon en contacto co grupo, para que así poidan obter unha resposta ao que lles inquieta.

bottom of page