top of page

PROGRAMA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE SEXUAL, DE IDENTIDADE DE XÉNERO E FAMILIAR

Escalera LGBT editado.jpg
CORAZÓN_ARCOIRIS.jpg

O programa de atención á diversidade sexual, de identide de xénero e familiar é un programa de convivencia para a prevención e a eliminación da violencia e o acoso sexual por calquera motivo pero especialmente por orientación sexual ou identidade de xénero, é institucional e está integrado no Plan de Igualdade e Diversidade, aprobado no claustro en xuño de 2016, así como no plan de Atención á Diversidade do IES Politécnico de Vigo.

OBXECTIVOS

Carnaval SUPERLGBT 2019 editado.jpg

VISIBILIDADE

A visibilidade é a estratexia fundamental para erradicar os prexuízos contra o colectivo LGBTIQA+.

Sen visibilidade non é posible a existencia xa que o que non se nomea non existe.

Por iso, no IES Politécnico de Vigo promovemos e fomentamos a visibilidade para dar a coñecer a diversidade afectivo-sexual e de xénero e así, crear un clima de igualdade, liberdade e respecto cara á riqueza da diversidade humana.

 

Temos dous ámbitos de visibilidade:

PROFESORADO: coa TITORÍA LGBTIQA+ pola profesora Ana Ojea Alonso

ALUMNADO: co GRUPO DE APOIO AO ALUMNADO LGBTIQA+ "APÓIATE"

STOP LGBTFOBIA.png

ELIMINACIÓN DA 

DISCRIMINACIÓN LGBTFÓBICA

Para conseguir este obxectivo, realizamos ao longo do curso unha serie de ACTIVIDADES dirixidas a toda a comunidade educativa, nas que poñemos o foco de atención, tanto na visibilidade como na sensibilización e na formación educativa para a erradicación de prexuízos e para integrar de forma transversal a igualdade e a diversidade sexual  no noso centro.

MARCO NORMATIVO DE GALICIA

DECLARACIÓN UNIVERSAL DE DEREITOS HUMANOS

ARTIGO 2

Toda persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.

  
PRINCIPIOS DE YOGYAKARTA

Principios sobre a aplicación da lexislación internacional de dereitos humanos en relación coa orientación sexual e a identidade de xénero.

http://yogyakartaprinciples.org/principles-sp/

 
CARTA DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS DA UNIÓN EUROPEA

TÍTULO III.- Igualdade

 

ARTIGO 21.- Non discriminación

Prohíbese toda discriminación, e en particular a exercida por razón de sexo, raza, cor, orixes étnicas ou sociais, características xenéticas, lingua, relixión ou conviccións, opinións políticas ou de calquera outro tipo, pertenza a unha minoría nacional, patrimonio, nacemento, discapacidade, idade ou orientación sexual.

 
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

ARTIGO 14

Os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. ARTIGO 27 2. A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana no respecto aos principios democráticos de convivencia e aos dereitos e liberdades fundamentais.

ARTIGO 27.2.

A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana no respecto aos principios democráticos de convivencia e aos dereitos e liberdades fundamentais.

 
LOMCE 8/2013

TÍTULO PRELIMINAR

CAPÍTULO I

Principios e fins da educación

 

Artigo 1. Principios.


c) A transmisión e posta en práctica de valores que favorezan a liberdade persoal, a responsabilidade, a cidadanía democrática, a solidariedade, a tolerancia, a igualdade, o respecto e a xustiza, así como que axuden a superar calquera tipo de discriminación.

 

Artigo 124. Normas de organización, funcionamento e convivencia.

 

1. Os centros elaborarán un plan de convivencia que incorporarán á programación xeral anual e que recollerá todas as actividades que se programen co fin de fomentar un bo clima de convivencia dentro do centro escolar, a concreción dos dereitos e deberes dos alumnos e alumnas e as medidas correctoras aplicables en caso do seu incumprimento con arranxo á normativa vixente, tomando en consideración a situación e condicións persoais dos alumnos e alumnas, e a realización de actuacións para a resolución pacífica de conflitos con especial atención ás actuacións de prevención da violencia de xénero, igualdade e non discriminación.

 
CURRICULO DE ESO E BACHARELATO EN GALICIA - DECRETO 86/2015

Artigo 4. Elementos transversais.

2. A consellería con competencias en materia de educación fomentará o desenvolvemento da igualdade efectiva entre homes e mulleres, a prevención da violencia de xénero ou contra persoas con discapacidade, e os valores inherentes ao principio de igualdade de trato e non discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal ou social.

Evitaranse os comportamentos e os contidos sexistas e os estereotipos que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero, favorecendo a visibilidade da realidade homosexual, bisexual, transexual, transxénero e intersexual. 

TÍTULO I 

Educación secundaria obrigatoria 

CAPÍTULO I 

Principios e obxectivos 

Artigo 10. Obxectivos da educación secundaria obrigatoria 


A educación secundaria obrigatoria contribuirá a desenvolver nos alumnos e nas alumnas as capacidades que lles permitan: 

c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de violencia contra a muller.

TÍTULO II

Bacharelato

CAPÍTULO I

Principios e obxectivos 

Artigo 26. Obxectivos


O bacharelato contribuirá a desenvolver no alumnado as capacidades que lle permitan: 


c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades e discriminacións existentes e, en particular, a violencia contra a muller, e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas por calquera condición ou circunstancia persoal ou social, con atención especial ás persoas con discapacidade.

 
LEI 2/2014, DO 14 DE ABRIL, POLA IGUALDADE DE TRATO E A NON DISCRIMINACIÓN DE LESBIANAS, GAYS, TRANSEXUAIS, BISEXUAIS E   INTERSEXUAIS EN GALICIA

CAPÍTULO V

Medidas no ámbito da educación.

ARTIGO 22. Inclusión da realidade LGTBI nos plans de estudos.

A consellaría competente en materia de educación incorporará a realidade homosexual, bisexual, transexual, transxénero e intersexual nos contidos transversais de formación de todo o alumnado de Galicia naquelas materias en que sexa procedente, dará audiencia ao Consello e, de ser o caso, escoitará as asociacións, organizacións e colectivos LGTBI. Así mesmo, visibilizaranse na educación os diferentes modelos de familia establecidos nesta lei. Ademais, revisará os contidos de información, divulgación e formación que xa existan nos distintos niveis de ensino e noutros ámbitos formativos.

ARTIGO 23. Actitudes

A Administración educativa galega, en colaboración co departamento competente en materia de igualdade, fomentará a realización de actividades dirixidas á comunidade escolar para a prevención de actitudes e comportamentos discriminatorios pola orientación sexual ou a identidade de xénero.

ARTIGO 24. Formación do persoal docente

Estableceranse actividades de formación para o persoal docente existente. Así mesmo, incorporarase a realidade LGTBI e os distintos modelos de familia aos cursos e másters de formación do futuro persoal docente e aos plans de estudos das titulacións de Educación Social, Maxisterio, Pedagoxía, Psicoloxía e Dereito.

ARTIGO 25. Divulgación da realidade LGTBI entre as ANPA

A consellaría competente en materia de educación, en colaboración coas ANPA, deseñará contidos para as escolas de pais e nais relativos á realidade LGTBI e aos diferentes modelos de familia.

ARTIGO 26. Combater o acoso e favorecer a visibilidade

1. Estableceranse actuacións para combater o acoso escolar por razón de orientación sexual ou identidade de xénero, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das distintas orientacións sexuais e identidades de xénero. Así mesmo, informarase sobre os mecanismos de denuncia dos casos de acoso.

2. Para os efectos de favorecer a visibilidade e de integrar de forma transversal a diversidade afectivo-sexual nos centros escolares, a consellaría competente en materia de educación favorecerá nos centros sostidos con fondos públicos a realización de actividades específicas próximas a datas de celebracións internacionais relacionadas co recoñecemento efectivo de dereitos a persoas lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais.

 
PROTOCOLO  IDENTIDADE DE XÉNERO DA XUNTA DE GALICIA

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/identidade_de_xenero_caderno_1.pdf

REDE DE ESCOLAS SEGURAS

WhatsApp Image 2019-05-21 at 15.37.44 (1
WhatsApp Image 2019-05-21 at 15.37.44.jp

Como un xesto de compromiso educativo fronte ao acosoás persoas LGTBIs, asinamos os Requisitos e Recomendacións co que entramos a formar parte do selo de calidade Escolas Seguras do proxecto estatal "Na miña clase, Non!"

Este proxecto está coordinado a nivel estatal pola Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuais da que forma parte a asociación Nós Mesmas, que exerce coma representante da rexión.

bottom of page